
Un condutor tivo que ser liberado do interior do seu vehículo despois de bater contra un poste no quilómetro tres da estrada AC-308 ao seu paso pola parroquia de Augasantas no concello de Rois
O accidente mobilizou ao servizo de emerxencias minutos antes das tres da tarde tras recibir o aviso dun particular e a alerta automática do sistema e-Call integrado no turismo sinistrado
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro o GES de Padrón a Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Rois para asegurar a zona e rescatar a persoa atrapada




