
A sexta Ruada do Traxe Aires de Dorna levou polo centro de Ribeira a unhas 200 persoas lucindo vestimentas de gala e de cotío durante a tarde de hoxe. Promovida pola asociación Amas de Casa, coa colaboración do Concello de Ribeira e Gadis, esta cita enmárcase na programación das festas patronais de Santa Uxía para enxalzar a nosa identidade e tradición poñendo o foco nos traxes que se empregaban antano.
Nesta ruada participaron a alcaldesa, María Sampedro, e demais membros da Corporación municipal; un evento no que non faltou a música tradicional a cargo de grupos da contorna.
O itinerario rematou no novo Auditorio municipal cun desfile e actuacións, ademais de sorteos e venda de artesanía nas inmediacións.





