Domingo 13 de sol e calor xeneralizada pola influencia anticiclónica. Non se esperan cambios no tempo nas próximas dúas semanas

12 Setembro 2026

A comunidade galega continuará este domingo baixo o dominio das altas presións, acompañadas pola presenza de aire cálido en superficie. Este escenario meteorolóxico deixará unha xornada marcada polos ceos despexados e un ambiente solleiro e caloroso no conxunto do territorio.

Os termómetros experimentarán un lixeiro ascenso, consolidando valores propios do verán(máximas 34 graos). En canto ao réxime de ventos, soprarán de compoñente nordés, de carácter frouxo de xeito xeral pero con refachos de maior intensidade na comarca de Ortegal.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

PROGNÓSTICO QUINCE DIAS

Non se esperan cambios nas próxima dúas semanas nas condicións, unicamente unha progresiva baixa das temperaturas

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.