Ramón Iglesias, “Moncho o Xixí”, recibe a Medalla de Ouro do Concello de Rianxo

12 Setembro 2026

Moncho “O Xixí” (Ramón Iglesias Sánchez), recibiu este sábado unha fonda e sentida homenaxe do seu pobo (Rianxo) e da Corporación local por enteiro. En concreto, foi recoñecido coa Medalla de Ouro do Concello tras unha sesión extraordinaria do pleno na que todos os grupos locais xuntaron forzas arredor da distinción.

Con esta homenaxe, o Concello a veciñanza recoñeceron a a traxectoria de Moncho á fronte das Festas da Guadalupe de Rianxo. “Foron catro décadas de traballo desinteresado para que Rianxo tiverse un motivo máis para reunirse, para celebrar e para sentirse comunidade”, sinalouse na declaración.

O alcalde Julián Bustelo declarou que “Moncho é o claro exemplo de que colaborar merece a pena. De que traballar polos demais merece a pena. De que o compromiso coa nosa vila, coas nosas parroquias, coas nosas tradicións e coa xente deixa pegada”.

A Corporación agradeceu a Moncho “o traballo adicado, a perseveranza e a responsabilidade asumida”.

E engadiu o rexedor: “Grazas por entender que as festas son moito máis que un programa de actividades. E grazas por contribuír a que varias xeracións de rianxeiros e rianxeiras teñan unha memoria común”.

O distintivo

A Medalla de Ouro do Concello de Rianxo é un distintivo honorífico recollido no regulamento de honras e distincións do Consistorio aprobado no 1995 e que se concede por vez primeira este ano 2026 para recoñecer “a traxectoria dunha persoa sen igual e que dedicou parte da súa vida a traballar, de maneira desinteresada, por Rianxo”, segundo informou a proposta da Corporación, na que se engadiu que “dende a humildade e dende diferentes entidades, Moncho traballou por algo que cada día merece menos atención, o ben común e o fortalecemento dos lazos que fan comunidade”.

O homenaxeado foi presidente do C.D. Unión e do Liceo Marítimo, entre outras ocupacións, mais a súa vida está ligada á organización das Festas da Guadalupe. De feito, estivo ao cargo da comisión durante catro décadas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.