Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

11 Setembro 2026

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha masa de aire cálido procedente do sur da Península Ibérica.

A mañá comezará coa formación de bancos de néboa en diversas zonas do interior que irán desfacéndose a medida que avancen as horas, dando paso a un ambiente completamente seco e con ceos despexados na práctica totalidade do territorio.

No tocante aos termómetros, agárdase un incremento xeral das temperaturas, sendo este ascenso especialmente acusado nos valores máximos da tarde(máximas de 30 a 32 graos).

O réxime de ventos estará dominado pola compoñente nordés. Soprarán de carácter frouxo nas comarcas do interior e moderados na franxa costeira, acadando refachos fortes na contorna de Estaca de Bares durante a segunda metade do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.