Amicos e a Consellería de Política Social soltan en Aguiño 600 soportes de algas laminarias

10 Setembro 2026


Amicos e a Consellería de Política Social celebraron esta mañá en Aguiño unha nova xornada de restauración de fondos mariños na ría de Arousa. Durante a xeira de traballo realizouse a solta dun total de 600 soportes de algas do xénero laminaria (canoucos, cañotos, golfes ou cintas na fala popular) para restaurar os bosques de kelp da zona, que se suman aos traballos realizados no marco do proxecto conxunto que aposta pola inclusión das persoas con discapacidade intelectual como axentes activos na restauración medioambiental.

A acción contou coa participación da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada pola directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; que acompañaron aos activistas medioambientais de Amicos, que desenvolven labores de restauración e conservación dos ecosistemas mariños, e ao director xeral da entidade, Xoán España.

Acompañáronos tamén o concelleiro de Servizos Sociais de Ribeira, Vicente Mariño, e a concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Isabel Barreiro Rego. No marco desta alianza social e medioambiental, este ano incorporarase unha proba piloto para a restauración da alga parda Himanthalia elongata, unha macroalga coñecida comunmente como “espagueti de mar”. Será, en palabras de Amicos, “un paso máis na recuperación da estrutura do hábitat mariño, restaurando macroalgas que serven de cobertura e refuxio a outros organismos”. Engaden que a recuperación das súas poboacións contribúe, polo tanto, á conservación da biodiversidade e dos ecosistemas costeiros da zona, de especial riqueza.

Neste sentido, Fabiola García destacou que “Amicos é un referente non soamente en toda a comarca, senón tamén en Galicia e en España, por poñer en marcha múltiples proxectos realizados por persoas con discapacidade, que día a día nos demostran as súas capacidades e as súas habilidades. Desde a Xunta de Galicia, sen dúbida algunha, imos seguir colaborando con Amicos, non soamente no centro de día, no centro ocupacional ou na nova residencia para persoas con discapacidade, que acaba de financiar a Xunta de Galicia, senón tamén poñendo en marcha cada vez máis prazas públicas que lles dean esa atención de calidade a todas as persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, o director xeral de Amicos, Xoán España, sinalou que “en primeiro lugar, moitas grazas a todos os que estades aquí e, sobre todo, á xente da Consellería de Política Social, á directora xeral, ao director e, sobre todo, á conselleira Fabiola, por unirse a nós, non só por financiar e apostar pola inclusión das persoas con discapacidade e por proxectos innovadores, senón tamén por participar activamente, porque iso marca moito a forma de construír e de facer”.

“Que se impliquen persoalmente, que veñan a coñecer, que participen e que queiran facelo de primeira man significa que, aparte de ser, están, o que tamén é importante. Moitas grazas por estar, por unirvos, por participar, por acompañarnos neste día e por apostar tanto pola inclusión das persoas como co coidado do planeta. Para nós, iso é moi importante”, engadiu España.

Esta iniciativa é conducida por persoas con discapacidade intelectual, activistas medioambientais especializados na restauración de especies do fondo mariño, posible grazas ao apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través axudas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.