ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

10 Setembro 2026

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo a entidade ambiental “foron eliminados polo rozado de camiños na illa”. Engaden que a orixe do problema está na recente intervención de “acondicionamento” na Illa de Ons por parte de Turismo de Galicia, o que implicou, sinalan, que “sen consulta pública nin avaliación ambiental previa, a Xunta deitase no Parque Nacional 4000 m² de novo pavimento con profusión de mobiliario urbano, escavando pistas, alterando o substrato, suprimindo vexetación autóctona e cementando unha praia”.

Para verificar in situ o alcance das afeccións destas obras ao patrimonio natural de Ons, persoal de ADEGA desprazáronse recentemente á illa. “Descubrimos”, explicaron, “que ademais dos efectos das intervencións denunciadas, elimináronse exemplares de Cytisus insularis, nuns labores previos de rozado. Concretamente, dous dos exemplares desta especie máis próximos ao núcleo habitado foron tallados probablemente como consecuencia dos traballos de rozado e limpeza das marxes de camiños”.

ADEGA lembra que a xesta de Ons é “un endemismo da costa atlántica de Galiza”, presente unicamente nesta illa e, de xeito residual, na de Vionta (na ría de Arousa, no arquipélago de Sálvora, en Aguiño) e na península do Morrazo. Está considerada como “En perigo de extinción” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e ten a mesma categoría para a IUCN [EN B2ab(ii,v)] debido á súa distribución xeográfica reducida, poboación fragmentada e diminución continua da área de ocupación e do número de individuos maduros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.