“Quen non ten dereito a permanecer na zona (Ceuta) debe ser repatriado” – Antón Luaces

10 Setembro 2026

É evidente que a política humanitaria da Unión Europea non está deseñada para axudar a migrantes carentes do “aval” de seren comunitarios. Así o entendo após as declaracións feitas por Magnus Brunner, comisario de Interior e Migración da UE. É dicir: un neno que chegou polo mar a Ceuta, considerado un migrante irregular, debe ser repatriado. Non ten o carimbo que temos os cidadáns dos 27 países que integran a Unión Europea. Ten a mala sorte de residir oficialmente nun país, Marrocos, que forma parte da fronteira sur de España e, obviamente, da UE.

Malia todo, a Comisión Europea accedeu onte ao desbloqueo de máis de 114 millóns de euros en axudas a España para que esta poida paliara crise de Ceuta. Tamén garante a disposición de Frontex para reforzar o seu apoio operativo que xa solicitara o Goberno español. Esta decisión chega cando xa se leva cumprido máis dun mes da entrada masiva de migrantes irregulares procedentes de Marrocos, a  Ceuta.

 A ratificación comunitaria deste apoio da UE veu acompañado da ratificación por parte da Comisión da súa prioridade: aqueles que non teñan dereito a permanecer na zona -neste caso en Ceuta- deben ser repatriados.

Unha advertencia clara do Executivo comunitario, modulada posteriormente porque a Comisión considerou “prioritaria” a solicitude de financiamento feita por España e que procede do Fondo de Asilo, Migración e Integración (82,7 millóns de euros) e do Instrumento de Xestión de Fronteiras e Visados (32 millóns) destinados ao reforzamento das medidas de vixilancia fronteiriza, a protección de fronteiras e as infraestructuras relacionadas  coa seguridade  (cámaras térmicas, tecnoloxía de observación, sistema de boias frotantes e drons submariños) así como o despregamento de persoal e equipamento adicional, instalacións para o control de migrantes, apoio ao retorno dos irregulares a Ceuta e reforzo da capacidade d acollida na cidade autónoma. 

Ao parecer, Marrocos non é responsábel de nada.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.