O alcalde de Boiro e dous concelleiros visitan o CEIP Santa María do Castro coincidindo co inicio do curso

09 Setembro 2026

O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, visitaron na mañá deste mércores 9 as instalacións do CEIP Santa María do Castro para coñecer como se desenvolveu o inicio do curso escolar 2026/2027.

Durante a visita puideron comprobar tamén como evolucionan as obras de instalación dunha pérgola no patio que conecta o edificio de infantil co de primaria. “Estamos a comprobar como avanzaron as obras nos distintos centros para o inicio do curso escolar e seguimos traballando para acondicionar e mellorar os nosos centros de ensino”, afirmou o alcalde.

Durante o verán o Concello de Boiro realizou obras de conservación e mantemento nos distintos centros educativos do municipio como son o pintado de aulas, pavillóns e outras estancias; substitución de areeiros; acondicionamento das zonas axardinadas dos patios; revisión da sinalización viaria nas contornas dos centros; ou o reforzo da limpeza durante a época estival.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.