Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

09 Setembro 2026

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. O seu principal circuíto de exhibición, Itinerario Constelacións, reúne nesta ocasión 18 compañías, tres por cada comunidade participante, seleccionadas por comisións profesionais independentes e que por parte galega serán Ártika Cía., Teatro de Ningures e Teatro O Cubo.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación galega do programa nun acto conxunto celebrado na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Tamén interviñeron a presidenta da asociación Escena Galega, Eva Alonso, así como representantes da empresa patrocinadora Vegalsa-Eroski e das formacións galegas que compoñen a escolma deste ano. A cita pechouse coa representación dun fragmento do espectáculo Voo, Voo, co que Teatro O Cubo participará no circuíto.

Nove localidades galegas

A programación de Camiño Escena Norte en Galicia desenvolverase entre o 26 de setembro e o 30 de outubro en nove localidades das provincias da Coruña e Lugo: Arzúa, Foz, Lugo, Negreira, Outes, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria e Vimianzo. Serán 10 funcións de teatro para público adulto e familiar, monicreques e ilusionismo a cargo de compañías procedentes de Asturias, Euskadi, Navarra e A Rioxa.

Nueve Lunas Teatro, da Rioxa, levará a Foz e Sarria Juana I de Castilla, unha peza que aborda con humor, música e ironía a violencia sufrida polas mulleres e a saúde mental. En Outes representarase 52 Hercios, de Ados Teatroa (Euskadi), unha proposta coral sobre a soidade non desexada que toma como punto de partida o canto dunha balea que queda fóra da frecuencia da súa especie.

A compañía asturiana El Callejón del Gato chegará a Negreira e Arzúa con El gato con botas de agua, unha visión contemporánea do conto infantil, mentres que Saltantes Teatro, tamén de Asturias, presentará en Lugo e Santiago La balada del norte, adaptación escénica da novela gráfica de Alfonso Zapico arredor da memoria e do conflito de clases durante a revolución de 1934.

Ribadeo acollerá unha dobre función de 3 elementos, espectáculo de ilusionismo inmersivo e multisensorial para todos os públicos da compañía navarra Hodei. O percorrido galego pecharase en Vimianzo o 30 de outubro con ¿Dónde están los niños?, de Tartean Teatroa (Euskadi), unha dramaturxia arredor das presións na infancia e dunha sociedade excesivamente esixente.

En paralelo á chegada destas propostas, Ártika Cía., Teatro de Ningures e Teatro O Cubo serán as tres formacións encargadas de representar Galicia no Itinerario Constelacións. Ártika xirará con Non pasarán por Marina de Cudeyo (Cantabria), Hondarribia (Euskadi) e Corvera (Asturias); Teatro de Ningures levará As gardiás, ou o nó do tecelán, Premio da Crítica de Galicia 2025, a Zizur Mayor (Navarra), Unquera (Cantabria) e Villaviciosa (Asturias); e Teatro O Cubo presentará Voo en Zarautz e Sopela, en Euskadi, e en Xixón, neste último caso no marco do festival Danza Xixón.

Camiño Escena Norte está promovido polas asociacións profesionais Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE, Escena, ESNA e AEscena. Xunto ao Itinerario Constelacións, desenvolve o programa paralelo Camiño Expandido, que este ano centra o seu foco en Asturias e que inclúe accións en centros educativos e colaboracións con programas culturais, ademais dunha nova edición do encontro profesional Habitación Peregrina PRO, do 21 ao 23 de setembro en Xixón. Nesta oitava edición, o proxecto adopta o lema Latexos Escénicos, arredor do encontro e da enerxía compartida a través das artes vivas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.