A exposición colectiva “Xuntos pola arte” abre as súas portas no Lustres Rivas de Ribeira

09 Setembro 2026

O Centro Cultural Lustres Rivas alberga a partir desta semana unha mostra colectiva de artistas donostiarras titulada Xuntos pola arte e composta por 35 obras, ao abeiro da programación polas festas patronais de Santa Uxía. A inauguración terá lugar neste venres, 11 de setembro, ás 21.00 horas.

Esta exposición xorde dunha amizade e da paixón compartida pola pintura dun grupo de persoas que, des anos atrás, comezou a reunirse no Centro Cultural Oquendo e en varios obradoiros de pintura en San Sebastián.

Co paso do tempo, converteron o Zaldu Urdina, no barrio de Gros de Donosti, no seu lugar de encontro e, no 2023, acompañaron ao mentor do grupo, Patxi Paz, á súa exposición individual en Ribeira co obxectivo de descubrir Galicia.

Agora, esta ducia de artistas regresa á localidade para presentar en conxunto a súa obra pictórica; unha selección que reflicte a diversidade de perspectivas, sensibilidades e maneiras de entender a pintura. Óleo, acrílico e acuarelas trazan paisaxes, retratos ou mariñas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.