Falece un home tras ser atropelado por un turismo na parroquia cambadesa de Corvillón

09 Setembro 2026

Un home perdeu a vida na noite deste martes despois de ser alcanzado por un turismo mentres camiñaba por un camiño da parroquia de Corvillón, no municipio de Cambados.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso minutos despois das nove da noite a través da persoa que viaxaba no vehículo implicado no sinistro. Na comunicación telefónica, alertou de que alcanzaran a un peón e advertiu da gravidade do impacto, sinalando que a vítima presentaba un forte golpe na cabeza.

Ata o punto desprazáronse con urxencia efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, patrullas da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como membros do Servizo Municipal e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambados. Con todo, e a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios desprazados, unicamente se puido certificar o falecemento do home no mesmo lugar do accidente.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.