A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio inaugura o 18 de setembro a súa sede en Noia

09 Setembro 2026

Neste mes marcado pola celebración do Día Mundial para a Prevención do Suicidio, o 10 de setembro, a entidade solidaria AGPAS (a Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio, impulsora de Stop Suicidio Galicia), ten importantes novidades en materia de actividades e proxectos.

Por exemplo a inauguración da súa sede en Noia, o día 18 deste mesmo mes, ao que se suma a presentación dunha guía de peto.

A estrea das dependencias, situadas na rúa Pontevedra, 3, en Noia, acompañaranse dun posto informativo, dunha visitas ás instalacións e ás actividades de divulgación e dunha xornada participativa e aberta coa veciñanza, as entidades sociais e representantes institucionais.

A sede dará apoio de proximidade á Barbanza e á contorna rural compostelá e contará con espazos acondicionados para a atención telefónica a persoas de toda Galicia. A nosa liña de escoita e apoio 24 horas cumprirá precisamente catro anos de actividade ese 18 de setembro.

Durante a xornada AGPAS presentará unha guía de peto de prevención do suicidio, escrita con palabras cotiás e situacións recoñecíbeis (como iniciar unha conversa cando alguén nos preocupa, como acompañar e onde buscar apoio, tamén cando somos nós quen o precisamos).

A guía reúne a experiencia de persoas que sobreviviron a tentativas e de persoas que perderon alguén por suicidio (parte esencial de AGPAS), xunto coas achegas de profesionais da entidade e a colaboración de entidades da Comunidade de Madrid, da Comunitat Valenciana, de Estremadura e doutros territorios.

A presentación servirá tamén para propoñer un piloto en Noia, Barbanza e área do rural de Santiago de Compostela dunha cara exterior amarela coa mensaxe Preciso axuda e que se poida amosar cando custa expresar a problemática que cada quen leva dentro. “Queremos estudar a súa aplicación con centros educativos, concellos e entidades, acompañándoa de persoas de referencia formadas e vías claras de apoio”, sinalan dende a asociación, que contará para esta actividades coa colaboración do Concello de Noia, que xa confirmou que iluminará de amarelo a fachada da Casa Consistorial na noite do día 18.

Dende AGPAS lanza un convite a outros concellos, asociacións e entidades para que “se sumen á iniciativa iluminando as súas sedes ou edificios emblemáticos como xesto compartido de apoio á prevención”.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.