Mércores 9, volve o sol e suben as temperaturas

08 Setembro 2026

O regreso do anticiclón deixará ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago este mércores

A influencia das altas presións volta a instalarse sobre Galicia este mércores cunha marcada circulación de ventos do nordés, un escenario que garantirá xornadas predominantemente solleiras tanto na comarca de Santiago como na franxa das Rías Baixas tras a disipación das brumas matinais.

Aínda que a xornada comezará con bancos de néboa e intervalos de nubes baixas a primeiras horas no interior compostelán, o paso das horas despexará o ceo, deixando un ambiente moi aberto no que tan só se deixarán ver algunhas nubes altas durante a tarde sen consecuencias meteorolóxicas. Na franxa costeira das Rías Baixas o sol brillará con forza practicamente dende a mañá.

No eido térmico, as noites continuarán a ser frescas cun lixeiro a moderado descenso dos valores mínimos, mentres que os termómetros diúrnos tenderán a subir no conxunto da metade oeste galega, permitindo temperaturas máximas moi agradables durante as horas centrais do día. (máximas de 22 a 26 graos) . O vento soprará con compoñente nordés de carácter moderado en toda a zona.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.