En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

08 Setembro 2026

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares.

De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional e social.

As sesións terán lugar os xoves no Centro de Saúde de Rianxo, de 17:00 a 18:30 horas, e estarán orientadas a desenvolver ferramentas para o autocoidado físico e a xestión xestión da saúde social e interpersonal.

Para más información e inscrición cómpre contactar co Centro de Saúde de Rianxo, Servizos Sociais do Concello de Rianxo ou a través do 900 100 036.

A AECC realiza estas actividades a través da súa importante presenza no Barbanza, onde conta con delegacións en practicamente todos os concellos (e realiza labores de recadación, andainas solidarias, xornadas e outras actividades).

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.