En Dodro, abertas ata este martes as inscricións para os programas Madrugadores e Tardes no Cole

07 Setembro 2026

O Concello de Dodro informou de que esta semana entra na súa recta final (ata o martes 8) o prazo de inscrición (no Rexistro Xeral do Concello) dos programas de conciliación Madrugadores e Tardes no Cole.

Agrupados baixo o nome de Bos días Dodro, os dous servizos teñen como finalidade conciliar a vida familiar coa laboral e a escolar.

Trátase de dous servizos gratuítos para a cidadanía e con prazas limitadas. Madrugadores lévase a cabo no CRA Escola de Vigo para menores de 3 a 7 anos. Tardes no Cole desenvólvese no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón para alumnado matriculado no CPI.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.