A UNED Sénior Coruña-Aula de Lousame abre as inscricións da súa Escola de Música Tradicional

07 Setembro 2026

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, e a responsábel da UNED Sénior A Coruña-Aula de Lousame, Mariña Docampo, presentaron esta mañá os detalles do curso 2026-2027 da Escola de Música Tradicional. Unha actividade totalmente gratuíta e aberta a persoas maiores de 55 anos de Lousame e de toda a comarca.

Esteban Ares explicou que a Escola de Música Tradicional “é unha actividade que busca dar unha formación aos maiores de 55 anos, ao tempo que ocupan o seu tempo de lecer e favoreces a súa socialización e comunicación con outras persoas que comparten a mesma idade e os mesmos interese”. Por iso, animou aos veciños e veciñas que aínda non coñecen esta actividade a que “se acheguen a ver o que se fai e participen nalgunha das actividades que se desenvolven ao longo do ano, é unha forma magnífica de socializar a través da cultura”.

Gratuíta e aberta á comarca

Pola súa banda, Mariña Docampo lembrou que as clases arrincarán a primeira semana de outubro e terán lugar todos os luns, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Haberá tres niveis: iniciación, medio e avanzado, onde “aprendermos a utilizar un instrumento e, ao mesmo tempo, aprenderemos sobre a cultura galega”, facendo fincapé na recuperación e posta en valor “das cancións tradicionais que hai pola comarca”.

A matrícula estará aberta durante todo o curso 2026-2027 en www.bandoticket.com ou no teléfono 610 145 536.

“Estamos ante unha actividade totalmente gratuíta e aberta a todo o mundo que queira achegarse, non so de Lousame senón de toda a comarca”, apuntou Mariña Docampo, quen puntualizou que da trintena de alumnos e alumnas rexistrados o curso pasado xa renovaron a matrícula máis de vinte.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.