
Co inicio das xornadas #BenVidaUSC, a Universidade de Santiago reafirma o seu papel como o gran motor intelectual de Galicia. É hora de que o novo estudantado asuma o reto: integrarse, culturizarse e vivir Compostela máis alá da fin de semana.
Setembro chegou a Compostela e este mércores entra co seu aroma habitual a chuvia, libros novos e unha enerxía renovada que inunda as rúas empedradas. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abriu as súas portas de par en par para dar comezo ao curso académico, e fíxoo lanzando unha mensaxe clara: non é só unha fábrica de títulos, é a institución valedora da cultura e do pensamento en Galicia.
Do 14 ao 27 de setembro, os campus de Santiago e Lugo convértense no escenario das xornadas #BenVidaUSC, un despregamento masivo de actividades deseñado non só para entreter, senón para culturizar á súa alma mater. A programación, densa e variada, é unha invitación directa á mocidade a saír da súa zona de confort intelectual.
A difícil arte de empezar de cero
Comezar a universidade é difícil. Negalo sería absurdo. Eses primeiros días están cheos de corredores labirínticos, caras descoñecidas e a presión silenciosa de atopar “o teu sitio”. Pero hai un consolo universal: todas e todos son novos. Ese rapaz que parece tan seguro na fila da secretaría está tan perdido coma ti. Esa vulnerabilidade compartida é a chave dourada para facer amizades reais.
O gran perigo de Compostela non é a chuvia, senón a costume aldeá e minifundista dos grupos pechados. Moitos chegan co pack de amigos do instituto e atrinchéranse nel, fuxindo do descoñecido. É un erro histórico. A universidade é para romper barreiras, non para construílas. Hai que evitar a monogamia social a toda costa.
(Fagamos unha excepción humorística co estudantado de Medicina: enfróntanse a tantos anos de encerro e estudo conxunto que a monogamia é, case, unha estratexia de supervivencia biolóxica. Ao resto: mesturádevos!)
Santiago de Compostela ofrece unha liberdade única: aquí non hai ataduras a un único grupo. A cidade e a universidade son un laboratorio social. Por que conformarse coa cafetería da facultade cando podes probar deportes, unirte a grupos de teatro, participar en debates intensos, aprender a tocar a pandeireta ou dominar o baile galego? É o momento de ser feliz na experiencia, de acumular vivencias, non só apuntes.
Unha petición á docencia: flexibilidade e comprensión
Para que esta formación integral sexa posible, é necesario lanzar unha mensaxe aos despachos: pedimos que o profesorado sexa máis flexible. A formación dun cidadán europeo e culto non ocorre só entre catro paredes.
A mocidade de hoxe ten (e temos) moita iniciativa, con inquedanzas europeas que van máis alá do currículo oficial. É vital que o profesorado amose comprensión ante estas actividades extracurriculares e non sexa severo contra as inquietudes culturais e europeas do estudantado. Unha universidade moderna debe valorar a participación nunha foliada ou nunha iniciativa da Unión Europea tanto como unha hora de biblioteca.
Construír Compostela vs. marchar en manada
A crítica é necesaria: hai que deixar de ser “pailáns” de andar indo e vindo cada fin de semana. A experiencia universitaria trúncase se os venres pola tarde a cidade se baleira. Hai que construír Compostela tamén os venres. A universidade e a cidade ofrecen actividades; habitádeas.
Non hai imaxe máis deprimente que a estación de autobuses un venres pola tarde: unha manada de estudantes ateigando as dársenas, comportándose como peregrinos completamente descoñecidos na súa propia cidade de acollida, desesperados por volver á comodidade do fogar familiar. Quedade. Descubríde a cidade cando non hai a presión das clases.
Honestidade vocacional: a universidade non é unha condena
Finalmente, un consello de realismo puro. Se nestes primeiros meses descubrides que a carreira non é o voso, non caiedes na mentira de seguir botándolle ganas. A non ser que sexa a opción “menos mala” por motivos de forza maior, non perpetuedes o erro.
A universidade é unha etapa de holgorio, de descubrimento e de crecemento intelectual. É certo que moitos foxen da Formación Profesional (FP) porque ao segundo ano, ou na modalidade Dual, xa os fan traballar, e prefiren a suposta “vida fácil” universitaria. Son cosmovisións distintas: a FP prepárate para a acción inmediata; Compostela convídache á cidade da intelectualidade.
Aproveitade esta oportunidade. A USC ofrécevos o mundo en bandexa de prata. Non vos limitedes a ver pasar os anos; facede que os anos vos transformen. #BenVidaUSC para poñer fin comparto a axenda de actividades de @cultura_usc
Do 14 ao 27 de setembro Campus de Santiago
LUNS 14 17.00 Aula aberta de danza creativa x maiores [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 17.00 ESN na USC: Picnic & Volley [08] Campo de Hockey de Fonseca. Campus Sur. 17.30 Aula aberta de zumba [07] Sala de usos múltiples do Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. 18.00 Aula aberta de danza ioga [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 19.00 Aula aberta de danza contemporánea [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 21.00 Aula aberta de pilates [03] Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte.
MARTES 15 16.00 Roteiro de sendeirismo [07] Estadio de Atletismo. 17.00 Visita guiada ao Museo de Historia Natural [02] Parque de Vista Alegre. 17.30 Aula aberta de GAP + tono [07] Sala de usos múltiples do Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. 19.00 Aula aberta de danza latina [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 19.30 Presentación da Orquestra e Coro da USC* [05] Igrexa da Universidade.
MÉRCORES 16 16.30 Aula aberta de pickleball [06] Pavillón Polideportivo. 17.00 Visita guiada ao Museo de Historia Natural [02] Parque de Vista Alegre. 17.30 Aula aberta de step [07] Sala de usos múltiples do Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. 19.00 Aula aberta de danza tango [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 21.00 Aula aberta de ioga [03] Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte. 21.00 Visita quiada ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller [14] Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 22.00 Visita guiada ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller [14] Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
XOVES 17 17.00 Visita guiada ao Museo de Historia Natural [02] Parque de Vista Alegre. 17.30 Aula aberta de dance fitness [07] Sala de usos múltiples do Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo. 18.00 Aula aberta de danza tradicional [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 19.00 Aula aberta de pandeireta [04] Comedor do Colexio de Fonseca. Campus Histórico. 20.00 Foliada de Benvida: Espazo de danza Tradi e Canto-pandeireta + Cantigas e Agarimos* [04] Xardín das Pedras que Falan (detrás do Colexio de Fonseca). 20.00 Presentación do programa da Aula de Teatro da USC*. Probas de acceso os días 21, 22 e 23 ás 18:00h* [13] Sala Roberto Vidal Bolaño. 21.00 Visita quiada ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller [14] Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 22.00 Visita quiada ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller [14] Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
VENRES 18 Compostela Street* [09 + 10] Pr. Rodríguez Cadarso + pistas deportivas da USC
SÁBADO 19 Compostela Street* [09 + 10] Pr. Rodríguez Cadarso + pistas deportivas da USC. 10:00 a 20:00 Campionato de España de Breaking, Open galego de Basket 3×3, Open galego de Skate e exhibición de Street Art 16:00 a 20:00 Campionato de World Chase Tag 21:00 a 02:00 Concertos de música urbana
DOMINGO 20 Compostela Street* [09 + 10] Pr. Rodríguez Cadarso + pistas deportivas da USC 10:00 a 15:00 Final Liga Xunta de Galicia de Break 10:00 a 20:00 Open galego de Basket 3×3 16:00 a 20:00 Open nacional de Freestyle Football + Open galego de Street Workout
LUNS 21 17.00 Visita guiada aos edificios históricos da USC [04] Tenda da USC (Colexio de Fonseca). Campus Histórico. 18.00 Café de linguas do Centro de Linguas Modernas (intercambio de idiomas)
MARTES 22 17.00 Visita guiada aos edificios históricos da USC [04] Tenda da USC (Colexio de Fonseca). Campus Histórico. 17.00 Ciclo de cinema filosófico: Lost Highway, de David Lynch* [05] Salón de Actos da Facultade de Filosofía. 18.00 O coidado dos vínculos afectivos (QuéroTE+) [08] Salón de Actos do CM Fonseca. Campus Sur.
MÉRCORES 23 12.00 a 22:00 Torneos deportivos de BenVida (fútbol 7, fútbol sala, baloncesto e voleibol)* [06 + 10 + 15] Pistas exteriores, campo de fútbol e pavillón polideportivo. 17.00 Visita guiada aos edificios históricos da USC [04] Tenda da USC (Colexio de Fonseca). Campus Histórico. 18.00 Encontro con Compostcleta [08] Diante do CM Fonseca. Campus Sur. 19.00 Roteiro do Consello do Estudantado: Descifrando o teu Campus [11] Saída da Biblioteca Concepción Arenal.
XOVES 24 17.00 Visita guiada aos edificios históricos da USC [04] Tenda da USC (Colexio de Fonseca). Campus Histórico. 18.30 Conversa LG100-Xalundes* [05] Praza de Mazarelos. 19.00 Gravación en directo Sons Podcast* [05] Praza de Mazarelos. 20.30 Concerto de LG1DO* (+Centro Xove na USC: XALUNDES) [05] Praza de Mazarelos.
VENRES 25 17.00 Visita guiada aos edificios históricos da USC [04] Tenda da USC (Colexio de Fonseca). Campus Histórico. 18.00 Meré na USC: Camille Saglio & Matthieu [05] Igrexa da Universidade.
SÁBADO 26 12.30 Maré na USC: Triliterate [05] Igrexa da Universidade. 18.00 Maré na USC: Faia [05] Igrexa da Universidade.
DOMINGO 27 12.30 Maré na USC: Misa




