Marta Villaverde gaba o arraigo mariñeiro de Abanqueiro durante a festividade do Carme. A titular de Mar participou nos actos relixiosos e na procesión marítima polo porto de Bodión en homenaxe aos falecidos no mar.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, desprazouse este domingo ata a parroquia boirense de Abanqueiro para acompañar a veciñanza e os profesionais do mar nos actos na honra da Virxe do Carme. A xornada festiva, que tivo como epicentro o porto de Bodión, contou coa presenza da representante da Xunta tanto nos oficios relixiosos como na posterior procesión marítima, momento no que se levou a cabo a emotiva ofrenda floral en lembranza dos náufragos e falecidos no mar.
Durante o encontro, Villaverde destacou o papel fundamental deste tipo de celebracións para preservar vivas as tradicións e fortalecer a identidade das vilas costeiras de Galicia. Así mesmo, trasladou o seu recoñecemento ás familias e traballadores da zona pola súa dedicación constante e pola estreita vinculación que manteñen co sector marítimo-pesqueiro galego.





