Novos pasos para a materialización do futuro centro de saúde de Noia

06 Setembro 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou a semana pasada a localidade de Noia, onde foi recibido polo alcalde, Fran Pérez, e membros do Goberno municipal. A visita produciuse poucos días despois de que a Consellería de Sanidade solicitase formalmente ao Concello a licenza de construción do novo centro de saúde, co obxectivo de axilizar os prazos administrativos para aprobar o proxecto de execución definitiva e poder sacar a contratación as obras canto antes. Trátase, en palabras do Goberno local “dun novo e importante paso para avanzar cara á execución desta infraestrutura”.

O futuro centro contará con preto de 4.200 metros cadrados, máis do dobre da superficie do actual, e suporá un investimento previsto superior aos 10 millóns de euros. Ademais, incorporará un espazo propio de 170 m² para a Unidade de Condutas Aditivas de Noia (integrarase no novo Plan de Saúde Mental e estará situado no andar baixo do edificio, destinándose especificamente a esta unidade, que dará cobertura tanto a Noia como aos concellos de Lousame, Porto do Son, Outes, Muros e Carnota).

Ademais, prevese ampliar a área asistencial clínica ata as 21 consultas (medicina, enfermaría, farmacia, odontoloxía e hixienista), ademais de contar cunha zona de pediatría máis grande con sala de observación, unha nova área de fisioterapia con vestiarios e a ampliación do Punto de Atención Continuada (PAC) coa integración da base da ambulancia do 061.

Desde o Concello comprometéronse en “axilizar a tramitación da licenza e facilitar que o proxecto poida continuar avanzando cara ao inicio das obras”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.