O Concello de Rianxo entregou a SOGAPS o recadado na andaina solidaria co pobo saharauí

05 Setembro 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a Concelleira de Política Social, Ana Vidal, enteregaron esta semana á entidade SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) os máis de 1.900€ recadados na andaina solidaria celebrada fai uns días no concello.

Bustelo e Vidal lembraron que estes fondos permiten, entre outras cousas, financiar o programa Vacacións en Paz promovido por esta entidade, un programa no que participa cada ano o Concello de Rianxo (entre outros do Barbanza) que permite que moitos nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto, en Tindouf.

A andaina celebrouse o 22 de agosto, con saída e chegada na praza Castelao.

Establecéronse 2 percorridos na contorna do paseo marítimo e a senda litoral de Taragoña.

A través de Vacacións en Paz, as familias de Rianxo fanse cargo de acoller ao menor nas súas casas durante os dous meses de verán. Permite que os menores accedan a controis de saúde regulares (dentistas, oculistas e consultas xerais) que son difíciles de realizar nos campamento. O programa posibilita que a rapazada se afaste das extremas temperaturas do deserto no verán mentres aprenden e conviven nunha realidade diferente.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.