Sábado 5, calor e risco de treboadas pola tarde nas Rías Baixas e na contorna de Santiago

04 Setembro 2026

A fin de semana comezará nas Rías Baixas e na área de Santiago de Compostela marcada polo contraste térmico e a inestabilidade meteorolóxica. A permanencia da masa de aire cálido sobre a comunidade, combinada coa entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera, deixará un sábado de ceos cambiantes con alternancia de nubes e claros, no que as treboadas poderán facer acto de presenza con intensidade.

A previsión sinala a formación de chuvascos localmente fortes que poderán ir acompañados de aparato eléctrico e sarabia, sendo máis probables nas comarcas do interior, aínda que sen descartar que alcancen puntos da franxa costeira e da comarca compostelá de xeito intermitente ao longo da xornada.

En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas rexistrarán un ascenso moderado, o que deixará unha madrugada tépeda en ambas as zonas. Pola súa banda, os valores diúrnos experimentarán un lixeiro retroceso no interior, mentres que no litoral manteranse suaves. O vento soprará frouxo de compoñente leste-sueste durante o día, rolando a dirección oeste ao chegar a noite.(máximas de 34 a 36 graos).

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.