A Asociación Cultural Prudencio Romo abre o prazo de matrícula na Escola de Música de Lousame

04 Setembro 2026

A Asociación Cultural Prudencio Romo abre o prazo de matrícula na Escola de Música de Lousame, que estará aberto durante todo o mes de setembro. A asociación ofrece catro modalidades de inscrición: Música e movemento (25€/mes), Linguaxe musical (35€/mes), Instrumento (35€/mes) e Instrumento e Linguaxe Musical (50€/mes, cun desconto de 5 euros para integrantes da Banda de Música de Lousame).

As persoas interesadas poden informarse no Local de Ensaio da Asociación Cultural Prudencio Romo, na Casa da Cultura de Lousame, todos os venres, de 21:00 a 23:00 horas. O impreso de matrícula estará dispoñíbel de xeito na Casa da Cultura ou dixitalmente a través da aplicación Bandomóvil Lousame. As solicitudes, cos datos do alumnado, deben enviarse ao mail acprudencioromo@gmail.com.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.