Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

03 Setembro 2026

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos

A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións e a entrada de aire cálido, a capital galega e as comarcas das Rías Baixas vivirán unha xornada tipicamente veraniega, con ambiente seco e rexistros térmicos moi elevados durante as horas centrais do día.

Rías Baixas: praia, brisas e termómetros sobre os 32 graos

No litoral pontevedrés e na ría de Arousa a xornada estará marcada polo tempo despexado desde primeira hora, aínda que sen descartar algunha brétema costeira moi matinal e puntual na liña de costa. As temperaturas máximas rozarán os 32 a 34 ºC en puntos como Pontevedra, Vigo e vilas do interior das rías, algo máis contidas na beiramar inmediata polo réxime de brisas. Pola tarde o ceo velarase lixeiramente co paso de faixas de nubes altas, con vento frouxo de compoñente norte e noroeste.

Santiago de Compostela: bochorno e ata 34 graos

Na capital galega agárdase unha mañá de ceos totalmente despexados e sol radiante. Co avance da tarde aumentará a presenza de nubes medias e altas procedentes do sur, sen previsión de choiva. Os termómetros acadarán valores próximos aos 34 ºC de máxima, mentres que a mínima situarase arredor dos 17 ºC, o que deixará unha sensación térmica de bochorno ao longo de toda a tarde e primeiras horas da noite. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

meteogalicia

O noso mar; ento do norte á mañá e á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.