Abertas as inscricións na 34 edición das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro

03 Setembro 2026

O Concello de Boiro promove unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais para a tempada 2026/2027 nas distintas modalidades. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, presentou o programa de actividades xunto co técnico do departamento, Manuel González.

Segundo lembraron, as Escolas Deportivas Municipais contan cunha traxectoria de 34 anos e ofertan tanto actividades en categorías infantís e xuvenís así como para persoas adultas nunha vintena de modalidades deportivas.

“As actividades desenvólvense en colaboración cos clubs locais e medran ano a ano, contando xa con mais dun milleiro de prazas nas distintas modalidades”, afirmou o Manuel González.

A oferta de actividades para persoas adultas engloba ximnasia para persoas xubiladas, Boiro Actívate para persoas con patoloxías ou doenzas específicas, mantemento físico, tenis e iniciación ao voleibol. En canto ao programa deportivo infantil e xuvenil engloba programas como o de mellora da motricidade ou promoción do voleibol; así como tenis, ciclismo, atletismo, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, baloncesto, tríatlon, natación, golf, vela e patinaxe artístico.

Ademais das actividades programadas no marco das Escolas Deportivas cos distintos clubs deportivos do municipio, o Concello de Boiro ofrece ás persoas usuarias a posibilidade de solicitar o uso das distintas instalacións deportivas para a práctica deportiva de xeito libre.

As Escolas Deportivas Municipais 2026/2027 do Concello de Boiro desenvolveranse entre os meses de outubro e maio. As inscricións para participar están xa abertas e poden facerse de xeito presencial no departamento municipal de deportes, situado no edificio das Colonias de Praia Xardín, ou mediante o enderezo electrónico deportes@boiro.org ou os teléfonos 679 712 621 e 660 182 443.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, reafirmou o compromiso do Concello de Boiro co deporte base xa que “para nós é un orgullo que os nenos e nenas poidan practicar durante todo o ano o deporte que máis lles gusta”.

Recordou que a Administración local inviste preto de 100.000 euros para o desenvolvemento das Escolas Deportivas Municipais, ademais das outras propostas como os veráns deportivos ou as distintas probas e competicións que se organizan ou coas que se colabora durante todo o ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.