Voluntarios convocados por Afundación e o Concello de Ribeira recollerán lixos mariños en Corrubedo

03 Setembro 2026

A praia de Ladeira, en Corrubedo, acollerá este sábado 5 unha nova acción de voluntariado medioambiental no marco do proxecto Plancton impulsado pola Obra Social de Abanca. A actividade de retirada de lixo mariño, que conta coa colaboración do Concello de Ribeira, Grip Surf School, xoiaría Jael e do equipo do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, desenvolverase entre as 10.00 e as 14.00 h.

O Plan de Conservación Territorial de Afundación, Plancton, leva retiradas xa máis de 163 toneladas de residuos de diferentes enclaves costeiros de Galicia tras máis de 80 xornadas de voluntariado ambiental. Este proxecto multidisciplinar ten como principal obxectivo fomentar a conservación dos ecosistemas mariños e a sostibilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar. A súas actividades céntranse especialmente en espazos protexidos con importante valor ecolóxicos e medioambiental como Corrubedo, un entorno regulado con distintas figuras de protección: Parque Natural, zona ZEC (Zona de Especial Conservación), ZEPA (Zona de Especial Protección para las Aves), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), Zuna húmida Ramsar e Zona húmida protexida de Galicia.

A cita será o sábado, 5 de setembro, de 10.00 a 14.00 h. O punto de encontro é a praia da Ladeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.