A ABE presenta este sábado o novo xogo de mesa de Boiro

03 Setembro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta este sábado, 5 de setembro, ás 11:30 horas, na praza do Concello de Boiro, o Boiro Xoga, un xogo de mesa creado especificamente arredor das rúas, espazos e negocios da vila.

Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito do asociacionismo comercial que converte Boiro no taboleiro dunha gran partida e que foi seleccionada pola Xunta de Galicia como unha das cinco campañas comerciais extraordinarias deste ano.

A presentación estará acompañada dun espectáculo familiar do Mago Paco, que será o encargado de protagonizar a aparición do xogo, nunha presentación pensada para sorprender ao público.

No acto participarán o presidente da ABE, Daniel García; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; e o concelleiro de Comercio de Boiro, Roberto Lojo.

Durante a xornada tamén se sortearán os dez primeiros exemplares de BOIRO XOGA entre as persoas asistentes.

A campaña desenvolverase do 5 ao 19 de setembro e culminará cunha gran festa na Praza do Concello con actividades familiares, inchables, xogos, música, degustación gastronómica e un gran panel de premios con 2.000 euros en Bonos ABE e centos de xogos BOIRO XOGA.

DATA: Sábado, 5 de setembro

HORA: 11:30 horas

LUGAR: Praza do Concello de Boiro

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.