Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

02 Setembro 2026
  • A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial.
  • Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a cidade autónoma.

A comarca do Barbanza e a capital galega foron dous dos principais epicentros da mobilización simultánea convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para trasladar apoio e proximidade á cidadanía de Ceuta. As concentracións contaron cunha notable concorrencia veciñal e institucional en ambas as dúas prazas.

En Ribeira, o acto estivo liderado pola alcaldesa, María Sampedro, quen agradeceu a resposta cidadá na lectura do manifesto conxunto. A rexedora destacou a implicación veciñal do Barbanza nun momento crítico para a cidade norteafricana, subliñando o carácter puramente humanitario e de respaldo comunitario da iniciativa.

Pola súa banda, a mobilización acadou unha dimensión multitudinaria en Santiago de Compostela. Centos de cidadáns e representantes públicos déronse cita na praza do Obradoiro portando bandeiras de España e da propia Ceuta, enseña que tamén luciu no balcón do Pazo de Raxoi. O acto compostelán contou coa presenza de dirixentes políticos como a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quen demandou unha resposta conxunta de país e medios estatais ante a crise que soporta o territorio ceutí.

As concentracións de Ribeira e Compostela sumáronse ás desenvolvidas en máis de 200 concellos galegos, nunha xornada na que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo un chamamento a aparcar as siglas políticas para acompañar a Ceuta na conmemoración do seu día oficial.

As concentracións da Coruña, á que asistiu o presidente da Xunta, e máis a de Vigo foron as máis multitudinarias das celebradas en Galicia.

Cun lazo coas cores da bandeira de Ceuta na solapa, Alfonso Rueda, participou na lectura do manifesto en María Pita que fixo unha galega que vivíu na cidade autónoma. Rueda dixo que esta concentración debe servir para que os ceutís saiban que non están sós e de toque de atención ao Goberno.

Diario de Santiago

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.