Preto de 125 concellos e entidades incorporarán 250 orientadores de emprego co apoio da Xunta

02 Setembro 2026

A Xunta destina máis de 8,2 millóns de euros a contratar 250 orientadores laborais en concellos e entidades sociais. Ribeira, Outes, Boiro, Vilanova e Vilagarcía entre os concellos beneficiados.

  • O DOG publica a resolución da convocatoria de 2026 que reforzará a atención a desempregados en preto de 125 entidades locais e do terceiro sector.
  • A rede complementa as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), poñendo o foco no apoio a colectivos vulnerables e no rural.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da liña de axudas pola que investirá máis de 8,2 millóns de euros na contratación de 250 técnicos de orientación laboral. Estes profesionais incorporaranse ao longo deste ano a preto de 80 concellos e a unhas 45 entidades sen ánimo de lucro de toda a comunidade.

A convocatoria sufraga contratos de 12 meses de duración cunha achega de 33.000 euros por profesional para cubrir custos salariais e cotizacións á Seguridade Social, ademais de módulos complementarios para gastos de funcionamento, formación e soporte técnico. En concreto, financiaranse 87 postos en corporacións locais e 163 en organizacións sen fins lucrativos, co obxectivo de garantir a equidade territorial e achegar recursos especializados ás zonas con menor cobertura.

Atención personalizada e ferramentas dixitais

Esta rede asistencial, que en 2025 atendeu máis de 93.000 persoas demandantes de emprego, traballa de xeito coordinado coas 54 oficinas do SPEG. Os orientadores encárganse de elaborar diagnósticos individualizados, deseñar itinerarios de inserción, asesorar na busca activa de traballo e apoiar no perfilado competencial mediante a ferramenta de intelixencia artificial EMi, coa que a administración autonómica xa caracterizou máis de 115.000 perfís laborais.

A iniciativa enmárcase no plan de modernización do servizo de emprego público galego. Entre as liñas paralelas en marcha figuran a consolidación de caixeiros autoservizo en oficinas e en 170 concellos rurais, as novas opcións de autoxestión da Oficina Virtual, o seguimento intensivo de perfís con dificultades de inserción e os encontros directos co tecido empresarial para casar oferta e demanda.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.