Boiro celebra en setembro o Mes da Danza 2026 con actuacións de grupos locais e compañías profesionais

02 Setembro 2026

O Concello de Boiro celebra durante o mes de setembro o Mes da Danza 2026 con actuacións de grupos locais e compañías profesionais. A concelleira de cultura, María Outeiral, presentou o programa deste ano.

A axenda de actividades comeza esta fin de semana co Encontro Tradicional de San Roque que organiza Abeloura e que terá lugar o sábado 5 a partir das 19.00 horas en Cespón. O domingo 6 ás 12.00 horas no Pazo de Goiáns haberá unha actuación de Abeloura cos grupos convidados AC Verodal Arona, de Tenerife, e Os Jaitas Blue, de Noia.

O venres 11 ás 20.30 horas no Pazo de Goiáns actuación da escola de ballet Cen Plies e o sábado 12 ás 12.00 horas na rúa peonil, danza con Marta Alonso. O domingo 13 no Pazo de Goiáns ás 18.00 horas, actuación de AC Pedra da Arona.

A gran novidade deste ano é que o mes da danza inclúe unha conferencia do crítico, historiador e especialista internacional en danza e ballet, Rober Salas; unha actividade promovida pola Fundación Alcalde Varela que terá lugar o sábado 19 ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns.

O domingo 20 ás 18.00 horas tamén no Pazo de Goiáns terá lugar a actuación de Xilbarbeira. E o mes da danza rematará na última fin de semana de setembro co serán das Angustias, na Ponte Beluso, que será o sábado 25 ás 20.00 horas e o domingo 26 no Pazo de Goiáns actuación de ballet de AC Pedra da Aroña.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.