O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición das actividades educativas para persoas adultas do curso 2026/2027

02 Setembro 2026

O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición do curso 2026/2027 de educación para persoas adultas. O prazo de presentación de solicitudes é do 3 ao 22 de setembro e deberá facerse mediante o Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

Trátase dunhas ensinanzas destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Esta formación ten “como obxectivos adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual”, informou o Concello.

A aula de educación para persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. A formación é cuadrimestral e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social de Boiro para que poidan ser compatibles coa xornada laboral.

Ofértanse un total de 50 prazas nos catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de ámbito científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física); ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

As persoas interesadas poden inscribirse entre o 3 e o 22 de setembro presentando a solicitude xunto co DNI e o certificado de estudos realizados no Rexistro Xeral do Concello de Boiro. Toda a información está dispoñíbel na web municipal, de xeito presencial no Centro Social de Boiro ou o teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.