Natural Sport retoma a exhibición de taekwondo na rúa do Sal no 5 de setembro

02 Setembro 2026

Despois de que fose preciso adiar a exhibición de taekwondo do Natural Sport por mor da chuvia, o club anuncia nova data para continuar cos actos con motivo do 30 aniversario. En consecuencia, no sábado, 5 de setembro, farán esta xornada para tódalas idades na rúa do Sal en Ribeira, coa colaboración do
Concello, a Asociación Rúa do Sal, Mariscos Bomar e a Lonxa de Ribeira.

As actividades arrancarán ás 11.30 horas cunhas clases abertas para probar esta disciplina deportiva: técnica, acrobacias, psicomotricidade, combates… Deseguido, ás 13.00 horas, habilitaranse inchábeis e comezará a sesión vermú con música en directo que continuará, a partir das 14.30 horas, co tardeo a cargo de DJ Fontaíña.

O deporte complementarase cunha degustación gastronómica a base de produtos do mar, a partir das 13.30 horas. Os tíckets de comida mercaranse nos bares da rúa do Sal. O diñeiro recadado irá destinado a sufragar os custes das viaxes do equipo de competición e de base.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.