Confirmada a pena de 15 meses de cárcere para o furtivo que atacou cun remo a un gardacostas na Pobra

02 Setembro 2026

A Audiencia Provincial da Coruña ratificou a condena de 15 meses de prisión e o pago dunha indemnización de 40.800 euros para un mariscador furtivo que agrediu con violencia a un axente en decembro de 2020.

O home, sorprendido faenando de xeito ilegal na zona dos Raposiños, fuxiu ata a praia da Ribeiriña. Alí golpeou catro veces cun remo a un membro de Gardacostas de Galicia, causándolle unha fractura de cúbito que precisou cirurxía e 520 días de recuperación. Posteriormente, xunto á súa vivenda, baleirou un bidón de gasolina diante da Policía Local e ameazou con prenderlles lume antes de ser arrestado pola Garda Civil.

O tribunal desestimou o recurso da defensa —que pedía a eximente por drogadicción— e mantén as penas por cadanseus delitos de atentado e lesións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.