Unha fronte fría deixará este sábado chuvias e ceos cubertos en Santiago e nas Rías Baixas. Domingo nubes e claros, regresa o bo tempo

28 Agosto 2026

A entrada dunha fronte fría polo noroeste situará a Galicia nunha zona intermedia entre altas e baixas presións. A xornada estará marcada por ceos cubertos en xeral e precipitacións máis probables nas provincias atlánticas —afectando de cheo a Santiago e ás Rías Baixas— e no norte de Lugo.

As temperaturas máximas rexistrarán un lixeiro ascenso a pesar da inestabilidade na franxa atlántica.(20 a 22 graos).

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas subirán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur, con intervalos moderados en terra e refachos fortes no litoral norte.

Sábado 29. Meteogalicia.

O anticiclón regresa a Galicia este domingo con nubes pola mañá e claros pola tarde

As temperaturas manteranse estables ou en lixeiro ascenso nunha xornada con melloría progresiva no sur.

Galicia irá recuperando de xeito paulatino a influencia anticiclónica ao longo deste domingo. A xornada comezará con abundante nubosidade, especialmente na metade oeste, pero co paso das horas tenderán a abrirse claros durante a tarde, con maior presenza de sol na metade sur da comunidade.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.