A campaña galega de doazón de órganos e sangue recala en Rianxo

28 Agosto 2026

O concello de Rianxo acolle hoxe a campaña de verán Un alento de vida que promove a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de fomentar a participación cidadá durante o período estival. Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada na praza Castelao, das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 21.00 horas para facilitar a doazón de todos os veciños e veciñas de Rianxo.

Esta iniciativa achegará a doazón a máis de 170 concellos galegos ata finais do vindeiro mes de agosto, tentando garantir a participación dos galegos e galegas nas campañas da ADOS durante o período estival e obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue.

A Axencia lembra que “todos os días do ano son precisas 400 doazóns para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais”. Esta cifra mantense nos meses de verán, un período especialmente sensible por mor da deslocalización dos doantes habituais.

A Axencia amosou o seu agradecemento á Corporación municipal pola súa “implicación” e “decidido compromiso” no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como o recoñecemento a todos os veciños e veciñas do Rianxo que doan sangue.

Neste sentido, lembrar que no pasado 2025, acadáronse 617 doazóns no municipio do Baranza, unha taxa de 57 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, índice que se atopa por riba da media de Galicia (39/1.000).

Desde a Axencia convidan a toda a cidadanía a tomar parte nesta nova campaña de doazón, lembrando que pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.

As persoas que participen na campaña de verán recibirán un agasallo como unha almofada ou un balón de praia pola súa participación e, nesta ocasión, ao carón da unidade móbil instalarase un espazo que simula unha típica terraza de verán. Os doantes poderán inflar un globo que pasará a formar parte da escenografía e, deste xeito, simbolizar ese aire que supón para moitos doentes recibir unha transfusión de compoñentes sanguíneos.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.