A Garda Civil retira un proxectil anticarro da Guerra Civil atopado nunha vivenda de Padrón

27 Agosto 2026

Efectivos do GEDEX desprazáronse ao lugar de Quintas para asegurar e trasladar a munición militar de 37 mm para a súa posterior neutralización.

A Garda Civil procedeu á retirada dun proxectil de artillaría da época da Guerra Civil localizado nunha propiedade particular situada no lugar de Quintas, dentro do termo municipal de Padrón.

O operativo activouse tras recibir un aviso no Centro Operativo de Servizos (COS), no que se alertaba da presenza dun obxecto de aparente natureza militar nunha vivenda da zona. Ata o punto desprazáronse especialistas do Grupo de Desactivación de Explosivos (GEDEX), quen confirmaron sobre o terreo que se trataba dun proxectil de artillaría de calibre 37 mm con vaíña de latón, correspondente a munición anticarro histórica.

Os técnicos especializados procederon a asegurar e retirar o artefacto da leira coas debidas garantías de seguridade, trasladándoo a un emprazamento habilitado para a súa posterior neutralización controlada.

Recreación IA

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.