A iniciativa Improntas encherá de arte o claustro do Concello de Noia

27 Agosto 2026

Esta fin de semana, o Claustro da Casa do Concello converterase nun punto de encontro entre artistas e público coa celebración de Improntas, unha iniciativa organizada por Inés Silvalde coa colaboración do Concello de Noia.

Pintura, escultura, ilustración, graffiti, performance e outras formas de creación reuniranse nunha exposición na que tamén será posíbel adquirir obras dos artistas participantes.

Entre eles estarán Ramón Conde, Sebas Anxo, Fina Barreiro, Roi Barros, R. Carredano, Mariano Casas, Fechán, Arturo Ferreiro, Fon, Jorge Gallardo, Ana Garrido, Eduardo Hermo, Serafín Marcos, Segundo Oviedo, Beatriz S. Saá, Inés Silvalde e Nastasia Zürcher.

O programa desenvolverase no claustro do Concello de Noia cos seguintes horarios:

Sábado 29 | 17:00–20:00 h (entrada lateral)

Domingo 30 | 11:00–14:00 h e 17:00–19:00 h (entrada principal)

Será, en palabras do Concello, “unha oportunidade para coñecer de preto o traballo de artistas de diferentes disciplinas e desfrutar da arte no corazón de Noia”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.