Unha borrasca deixará este mércores choivas xeneralizadas, risco de treboadas e baixada de temperaturas

25 Agosto 2026

A fronte atlántica traerá ventos fortes ao litoral e inestabilidade en gran parte da comunidade.

Aviso amarelo este mércores en Galicia por fortes choivas e treboadas: canceladas as viaxes en barco a Ons

A comunidade galega quedará este mércores baixo a influencia directa dunha borrasca situada ao noroeste, cunha fronte asociada que cruzará o territorio ao longo da xornada. A predición meteorolóxica apunta a ceos parcialmente nubrados con precipitacións xeneralizadas na maior parte do país, que poderán vir acompañadas de actividade tormentosa.

Previsión para a xornada:

  • Precipitacións: Choivas probables en calquera punto do territorio, con posibilidade de treboadas e chuvascos localmente intensos.
  • Temperaturas: Descenderán de xeito entre lixeiro e moderado en toda a comunidade.(máximas de 24 a 20 graos).
  • Ventos: Soprarán moderados de compoñente sur-suroeste no interior, acadando intensidade forte na franxa do litoral atlántico.
meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 5 a 6 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.