Aviso amarelo este mércores en Galicia por fortes choivas e treboadas: canceladas as viaxes en barco a Ons

25 Agosto 2026

MeteoGalicia prevé acumulacións de máis de 15 l/m² nunha hora e canceláronse as liñas marítimas coa illa dende Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Unha borrasca deixará este mércores un episodio de inestabilidade atmosférica en varios puntos de Galicia, con precipitacións intensas, aparato eléctrico e vento forte no litoral. Ante esta situación, MeteoGalicia activou o aviso amarelo en diversas comarcas das provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense.

Zonas afectadas e horarios dos avisos:

  • Alerta por choivas (de 09:00 a 15:00 horas): Afectará o interior, oeste e suroeste da provincia da Coruña, o litoral de Pontevedra e o sur de Ourense. Agárdanse acumulacións superiores aos 15 litros por metro cadrado nunha soa hora.
  • Alerta por treboadas (de 12:00 a 18:00 horas): Activa en toda a provincia da Coruña e na de Pontevedra por fenómenos tormentosos localmente intensos.

Xunto ás precipitacións, a fronte provocará un descenso moderado das temperaturas e refachos de vento de compoñente sur-suroeste moderados no interior e fortes na franxa costeira atlántica.

Cancelación do transporte marítimo a Ons

O empeoramento das condicións meteorolóxicas obrigou a suspender as conexións marítimas coa illa de Ons para a xornada deste mércores, segundo confirmou o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

A navieira Mar de Ons anulou as súas saídas programadas dende os portos de Bueu, Portonovo e Sanxenxo, e a compañía Cruceiros Rías Baixas sumouse á medida cancelando tamén todas as súas travesías con destino á illa.

Aviso de treboadas para o mércores 26 de agosto. Situación ás 14 hora galega

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.