A edición 2026 das Festas da Guadalupe virá con oito días de troula para todas as idades

24 Agosto 2026

Xa temos nas redes o programa de actuacións e citas culturais das Festas da Guadalupe de Rianxo edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comezará o venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando unha semana de celebracións que prometen facer historia.

Logo do chupitaso do día 11, celebrarase a devandita Noite Retro e está prevista a actuación de Virtual Project Cover Band, SerieB VideoDJ e Xinho.

O sábado 12 haberá unha destacada presenza de agrupacións de música e baile tradicional da nosa terra, como a Banda de Rivadulla, Trécola, Zeltia Irevire, Fogo Fatuo, Coral Abraira e a Charanga Brass-Ass. Tamén haberá verbena nocturna con Platinum, Verbena Sinfónica, Mariachi Perla, Capitán Sabrosura e DJ Nexxa.

O domingo 13 comezará coas alboradas a cargo da Banda de Ribadumia e Buxaina, que preperarán o terreo para a procesión marítima, ao mediodía. Tamén actuarán o Grupo Arena, Vai de Roda e haberá fogos de artificio. A verbena virá da man de La Banda de Ayer e Galilea.

O luns 14 arrinca coa Banda de Arcade e cos xogos das Juadalupeñas na praza de Castelao (ao mediodía e co tradicional xantar popular). Nesta xornada haberá cantos populares na praza da Igrexa con Cántañe a Rianxo e Río do Anxo. Pola noite actúan Unión y Fuerza e Cayenna.

O martes 15 arrincará con actividades de cultura urbana na praza da Igrexa e nos xardíns da Ribeira, e logo das alboradas de O Son do Río haberá unha sesión vermú na praza de Castelao a cargo de Dilema. Pola tarde haberá máis obradoiros e demostracións de cultura urbana (breakdance, beatbox, rap) e despois celebrarase o Día de Padrón. A media tarde, como vén sendo tradición, comezarán as actividades de irmandade coa vila de Padrón. Logo celebrarase un obradoiro de freestyle e concertos de rap en galego (Ceibarimas). Tamén actuarán Kid Mount e a Fanfarria Furruxa. Pola noite haberá verbena con Charleston e La Última Legión.

O mércores 16 (Día dos Maiores) arrinca con música na rúa a cargo de Os Festas, a partir das 11h. A axenda inclúe a Feira do Circo con malabares e maxia e as actuacións da Banda de Arca, Malezza, El Tomasón e Bando das Gaitas. Pola noite verbena con Solara e Cinema.

O xoves 17 será o día do Feirón Mariñeiro (A Feira do 1925) nas rúas do centro histórico, con feira de artesanía e a colaboración das asociacións culturais locais. A axenda inclúe actuacións do Trío Alborada, e de Cé Orquestra Pantasma. Pola noite haberá Noite Folc con Mediarea e Boavila, e logo comezará a verbena con Arizona e Gran Parada.

O venres 18 será o día infantil. Haberá inchábeis, festa da escuma e unha verbena infantil coa actuación de Pakolas e As Tripulantes. Pola noite será a gran traca final da festa actuacións de Eureka, Trébol e Ritmo Joven, e arredor das 2.00 coas bengalas e o canto colectivo de A Rianxeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.