O Concello de Ribeira acondiciona o firme do ramal de acceso á Fieiteira

22 Agosto 2026

O Concello de Ribeira continúa coa posta a punto das súas vías e espazos públicos e este sábado 22 de agosto comezaron as obras de mellora do ramal de acceso ao complexo deportivo da Fieiteira. A intervención arranca co fresado do vello firme para, na vindeira semana, dar paso ao aglomerado.

Tamén se contempla a realización dun paso peonil elevado fronte á porta principal co obxectivo de propiciar a redución da velocidade e, en consecuencia, mellorar a seguridade viaria.

Os traballos son executados pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A. e supoñen un investimento de 22.062,11 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.