Boiro inicia as obras de mellora viaria no lugar da Aspra, na parroquia de Bealo

21 Agosto 2026

A intervención forma parte dun proxecto global de renovación de pavimentos en seis núcleos rurais, cun investimento total de máis de 153.000 euros a través do POS+.

O Concello de Boiro puxo en marcha as obras para o acondicionamento e mellora dos viais no lugar da Aspra, situado na parroquia de Bealo. O alcalde do municipio, José Ramón Romero, desprazouse ata a zona para supervisar de primeira man os traballos previos de preparación antes de acometer o pavimentado definitivo do firme.

A actuación responde ao avanzado estado de deterioro que presentan estes camiños públicos municipais, un problema que se agrava especialmente durante a época de choivas dificultando o tránsito habitual e o acceso da veciñanza ás súas vivendas.

Investimento con cargo ao POS+

Esta intervención intégrase dentro dun proxecto máis amplo de renovación de infraestruturas viarias en diversos núcleos do rural boirense. O conxunto das actuacións dispón dun orzamento global de 153.206 euros, financiado pola Deputación da Coruña a través do Plan Único de Concellos (POS+).

Ademais da Aspra, o plan abrangue a mellora de viais noutros cinco puntos do termo municipal:

  • Boiro de Arriba
  • A Armada
  • Cubeliños
  • Pazos de Coroño
  • Saltiño

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.