O ciclo ‘Outes a escena’ encherá a Casa da Cultura con 19 espectáculos teatrais ata xaneiro

21 Agosto 2026

A nova edición esténdese durante cinco meses e incorpora como principal novidade bonos con descontos do 30% e pezas específicas para a primeira infancia.

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acollerá entre os meses de setembro e xaneiro unha nova edición do ciclo teatral Outes a escena, que ofrecerá un total de 19 representacións durante as fins de semana dirixidas a públicos de todas as idades. A iniciativa conta co apoio económico e institucional da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e de Escena Galega mediante o circuíto Camiño Escena Norte.

Bonos con desconto e reserva de asento

Como principal novidade este ano, a organización amplía a oferta ao público de 0 a 4 anos con tres pezas adaptadas para a primeira infancia. Para facilitar o acceso aos espectáculos, poranse á venda tres modalidades de bonos, que poderán adquirirse de forma presencial na Casa da Cultura:

  • Bono xeral: Para público adulto.
  • Bono miúdo: Para público infantil e familiar (a partir de 4 anos).
  • Bono 1ª infancia: Para público de 0 a 4 anos.

A adquisición de calquera destes bonos inclúe un desconto do 30% sobre o prezo total das obras da súa categoría e garante a reserva de asento para todas as funcións incluídas no paquete.

Venda de entradas

As entradas individuais para cada función poderán obterse con dúas semanas de antelación a través da web municipal (www.outes.gal), ou ben de maneira presencial na Casa da Cultura durante a mesma semana na que teña lugar a representación.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.