Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar

20 Agosto 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na apertura da quinta edición de Gastromar, promovida pola Asociación de Empresarios, coa colaboración de varias entidades, entre elas, o Concello.

A praza de España convértese do 20 ao 23 de agosto nun mercado culinario a ceo aberto onde degustar lirio, polbo, ameixas, navallas ou camaróns. Ademais, ofrécense exhibicións gastronómicas a cargo de cociñeiros de prestixio, así como obradoiros familiares. “Sen dúbida, agosto estanos deixando moi bo sabor de boca coa cantidade de citas gastronómicas axendadas no noso calendario: a Festa do Percebe, a Festa da Navalla, o Gastromar e na vindeira semana tamén a Festa do Polbo”, manifestou Sampedro. A rexedora felicitou á patronal polo seu dinamismo e fixo fincapé en que “enxalzar o produto do noso mar é enxalzar ao sector estratéxico por excelencia de Ribeira; é enxalzar aos nosos mariñeiros, mariscadoras, empresas pesqueiras… En definitiva, é poñer en valor a nosa identidade, quen somos”. A cita gastronómica prolongarase ata o vindeiro domingo, con quendas de mañá e noite, ofrecendo elaboracións tradicionais e propostas innovadoras baseadas en especies de proximidade como o lirio, a sardiña, o peixe espada, o polbo, as ameixas, as navallas ou o
camarón.

A iniciativa pretende actuar como un punto de encontro directo entre elaboradores e consumidores, permitindo non só adquirir produtos senón tamén coñecer a súa orixe, os procesos de control e o saber facer tradicional do medio rural galego. O recinto permanecerá aberto durante as tres xornadas en horario de 11:00 a 15:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.

Programación gastronómica e musical

A cita combinará venda, divulgación, catas comentadas e actuacións musicais ao longo de toda a fin de semana:

  • Venres 21: Arrancarán as dúas sesións de «Sabores do Mercado – Ponlles cara», con presentacións e degustacións de produtos acompañadas polo concerto de Leite con Jalletas.
  • Sábado 22: Celebrarase a actividade «De viños polo Mercado», centrada en viños singulares da IXP Terras do Navia e de produción ecolóxica, xunto coa proposta «After Praia: Doces & Tintos da Ribeira Sacra». A animación correrá a cargo de O Cego na Feira e Music Box. The Band.
  • Domingo 23: A última xornada incluirá a sesión «Café de Domingo con…» para degustar doces tradicionais, catas de viños con DOP Ribeiro e DO Rías Baixas, e o peche con «After Praia: Mesturas de verán», con cócteles de augardentes e licores tradicionais xunto a petiscos locais. A música correrá a cargo de Pulpiño Viascón e Loren Tevra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.