UCIN Boiro denuncia o abandono do camiño entre Belles de Abaixo e Xián e esixe medidas urxentes

20 Agosto 2026

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Boiro) fixo pública a súa denuncia polo que di mal estado e o abandono no que se atopa o camiño que comunica os lugares de Belles de Abaixo e Xián. Tras revisar a zona por mor das queixas veciñais, a formación constatou múltiples deficiencias que poñen en risco a seguridade dos usuarios.

Entre os problemas detectados na vía destacan:

  • Firme en mal estado: Presenza de fochancas, acumulacións de grava solta e desprendementos sen compactar debido á falta dunha pavimentación axeitada.
  • Falta de visibilidade e espazo: Crecemento descontrolado de maleza e vexetación nas marxes, o que reduce a visibilidade e dificulta o tránsito dos vehículos.

O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, criticou o desinterese municipal cara ás parroquias: “Non é posible que os veciños de Belles de Abaixo e Xián teñan que transitar por camiños inseguros e infranqueables mentres pagan os seus impostos exactamente igual que os do centro urbano”.

Demandas ao Concello

A formación independente reclama ao goberno local actuacións inmediatas:

  • Limpeza e rozado urxente da maleza nas marxes da vía.
  • Reparación e asfaltado do camiño, retirando a grava solta e aplicando unha capa de rodaxe segura.
  • Plan de mantemento real para as parroquias rurais que garanta a conservación continua das súas infraestruturas viarias sen esperar a períodos electorais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.