Turismo da Pobra anima a gozar das últimas experiencias do verán con viaxes en veleiro, a Ruta do Mexillón e excursións ás Illas Atlánticas

20 Agosto 2026

A Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal encara a recta final da súa programación estival “Vive a experiencia” cunha completa proposta de actividades que permitirá continuar gozando do mar e da paisaxe durante as próximas semanas.

Entre as actividades que continúan nestes últimos días de verán atópanse as Viaxes en Veleiro, que terán lugar esta mesma fin de semana, o venres 21, o sábado 22 e o domingo 23 de agosto, así como o sábado 29. As saídas ofrecen a oportunidade de navegar pola ría e contemplar a costa pobrense desde unha perspectiva diferente, nunha experiencia pensada para gozar da paisaxe e da tranquilidade do mar.

Tamén continúa a Ruta do Mexillón en embarcación tradicional, con novas saídas previstas para este xoves 20 e o venres 21 de agosto, así como para os días 26 e 27. A actividade permite coñecer de preto o cultivo do mexillón na ría e combina a navegación coa degustación deste produto, acompañado de viño da IXP Terra de Barbanza e Iria.

As Illas Atlánticas, protagonistas das próximas viaxes

A programación incorpora, ademais, dúas propostas especiais para descubrir o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Este domingo 23 de agosto será posible realizar unha viaxe á illa de Ons con saída desde A Pobra do Caramiñal, unha oportunidade para pasar a xornada nun dos espazos naturais máis recoñecidos das Rías Baixas, gozando das súas paisaxes, praias e rutas.

A programación estival prolongarase ata setembro cunha última proposta: o domingo 6 de setembro, a Concellería de Turismo anima a despedir o verán cunha viaxe ás illas Cíes, outro dos grandes tesouros naturais de Galicia.

As viaxes a Ons e Cíes deberán reservarse directamente coa empresa Piratas de Nabia, a través da súa páxina web oficial, www.piratasdenabia.com. A compañía lembra que, para viaxar ás illas durante a tempada de maior afluencia, é necesaria a autorización correspondente da Xunta de Galicia, que pode ser xestionada durante o proceso de reserva.

Desde a Concellería de Turismo destacan que “a programación ‘Vive a experiencia’ chega á súa recta final mantendo o obxectivo de ofrecer propostas que permitan coñecer e gozar da Pobra e da súa contorna dun xeito diferente, poñendo en valor o noso patrimonio mariñeiro, a nosa paisaxe e a riqueza natural da ría”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.