“A seca afecta arestora ao 75% dos ríos galegos, o 15% deles en niveis extremos”. Antón Luaces

20 Agosto 2026

Hai secura en Galicia: especialmente no norte da Coruña, no paso do Ulla entre Pontevedra e Lugo e no sur de Pontevedra. A situación de alerta é evidente e a esta contribúe a falta de precipitacións e a elevada calor rexistradas nos últimos meses nun evento climatolóxico  que evidencia xa os seus efectos nas concas fluviais de Galicia.

Vai unha semana rexistrábase claramente a falta de auga nos caudais da comunidade autónoma galega, como recollía River Monitor, ferramenta interactiva activada polo investigador da Misión Biolóxica de Galicia Dominique Royé, que pon en cifras esa falta de auga nos ríos galegos e que establecían  que o 79% deses ríos presentaban algún grao de secura, co 15% acadando valores extremos. Tan só o 7% dos ríos galegos están en valores normais coa cantidade restante situada entre os niveis de humidade moderada e cotiá. Algunhas augas xa chegaron a un grao extremo de seca e son a conca do Mero  (no norte da Coruña), a do Ulla ao seu paso entre Pontevedra e Lugo, a zona occidental da provincia lucense, o sur de Pontevedra e o punto máis oriental entre Lugo e Ourense.

Galicia está a vivir unha “seca repentina” dada a rápida perda de auga. O comezo deste proceso veu dado por unha serie de factores acumulados, segundo informa a Universidade de Vigo, a través do tempo: desde mediados de maio, xusto depois dunha primavera chuviosa.

O baixo caudal nos ríos galegos é debido a un “evento composto”: unha serie de fenómenos climáticos diferente relacionados entre sí por securas e episodios de altas temperaturas. As ondas de calor poden levar a secas de xeito secuencial ou simultáneo. E á inversa, a falta de auga non ten que derivar dunha vaga de calor, aínda que poidan ter certa relación.

Despois da intensa onda de calor de maio encadeáronse varios episodios de temperaturas elevadas. Se isto se mantén durante moito tempo, a atmosfera vai “capturar” toda a humidade porque acumulará moito máis vapor que si estivera máis fría, o que tería un impacto directo sobre os solos, máis áridos que acotío. É o motivo polo que se precisan semanas, mesmo meses, con precipitacións regulares e non moi intensas, porque un episodio treboento breve pero intenso pode producir efectos non desexados e ata perigosos.

Non resulta doado predicir cando pode rematar a situación, pero o certo é que son necesarias precipitacións de xeito consistente para revertir a seca. Entre tanto, os efectos da redución de caudal deixan pegada nos ríos. E ben se fai notar.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.