Titiriberia enche este xoves Rianxo de espectáculos e xogos tradicionais este xoves na súa undécima edición

19 Agosto 2026

O festival de títeres tradicionais Titiriberia, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, encara este xoves 20 de agosto unha das súas xornadas máis completas. O certame, que reúne do 18 ao 23 de agosto un total de 27 funcións de compañías procedentes de Galicia, Portugal e diversos puntos da Península, despregará mañá seis espectáculos e espazos de lecer gratuítos en distintas localizacións do municipio.

  • 11:00 h (Parque de Santa Lucía, Asados): Mamulengo Galego, de Seisdedos. Fusión de tradicións titiriteiras de Galicia e Brasil con música ao vivo.
  • 13:00 h (Praia de Tanxil): Pulcinella en la plaza, da compañía andaluza Lobishome. Inspirada nas guaratelle napolitanas e cargada de humor na rúa.
  • 18:00 a 19:30 h (Campo de Arriba): Xogos na Feira Vella, iniciativa de Viravolta cunha recreación de atraccións e xogos populares tradicionais.
  • 18:00 a 20:00 h (Campo de Arriba): Treco-lerias, de Trécola Producións. Proposta de xogo interxeracional con autómatas e personaxes históricos do monicreque de cachiporra.
  • 19:00 h (Campo de Arriba): Estrea de Cantar do ano, de Seisdedos. Microespectáculo de cantar de cego con retranca sobre a actualidade rianxeira dos últimos doce meses.
  • 20:00 h (CS A Capela, Araño): Menudencias, da compañía vasca Tenderete. As peripecias do bandido Txikilicuatro tras fuxir da cadea.
  • 21:00 h (Auditorio de Rianxo): O Carteiro de Ximaraos, de Os Monicreques de Kukas. Coprodución co CDG baseada nun texto de Carlos Labraña que aborda a realidade do alzhéimer.

A programación continúa aberta a todos os públicos ata o vindeiro domingo 23, combinando funcións de rúa con propostas de sala que reivindican a riqueza e vixencia da arte dos títeres.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.