A Lombiña vibrou coa nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia

18 Agosto 2026

A praia da Lombiña acolleu esta fin de semana unha nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia, unha cita deportiva celebrada nas categorías feminina e masculina.

Na categoría masculina, o primeiro posto foi para Nathan Matos e Carlos López, de Vigo; Ismael Martínez e Manu Queiro, de Ribeira e A Coruña, ocuparon a segunda posición; e Cristóbal Álvarez e Guantes, de Vigo, completaron o podio.

Na categoría femininaTania Alvite e Andrea Riva, da Coruña, proclamáronse gañadoras; Marta González e Xudit Carrete, de Vigo, acadaron o segundo posto; e Noemí Araujo e Jacqueline Casal, tamén de Vigo, ocuparon a terceira posición.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal trasládanse os parabéns ás parellas gañadoras e a todas as persoas participantes nesta nova edición do Torneo Nocturno de Volei Praia.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.