O desenvolvemento da sociedade e da ciencia andan emparellados, arrastrando un polo outro e
dándolles traballo aos investigadores, que queren saber e expoñer o que ocorre e por que ocorre,
cales son as causas, os procesos e as miles de combinacións que poden producirse en cada proceso.
Todo é importante, pero agora unha investigación universitaria presentada na Facultade de
Veterinaria galega, demostra que o estudo do epitelio, dese tecido celular que recobre as superficies
externas e internas do corpo, é importante e fundamental para coñecer a razón pola que moitas
especies teñen un nivel reducido de reproducións.
Recoñecer á parella polo cheiro é un dos bos camiños para achegarse a ela, para arrimarse a ela e
descubrir as rexións sensoriais e non sensoriais do seu corpo manso. A investigadora Dorinda Torres,
referíndose ao linguado, di que os machos nados e criados en cativerio (os de piscifactoría)
desenvolven o seu órgano reprodutor, pero con importantes deficiencias e alteracións, que non
permiten fecundar os ovos de xeito natural.
A importancia do olor é evidente. Ninguén sente atracción por unha parella que alcatrea. Xa o dicía
Gumersindo de Tralocastro, antes de asinar, hai que ulir e percibir con agrado aquel corpo que se
achega, no mar ou na terra. No caso do linguado senegalés, “unha das especies con maior interese
para a diversificación da acuicultura europea”, as empresas produtoras teñen que reconducir as
alteracións nos olores que impiden o recoñecemento da parella e obstaculizan o proceso de
reprodución do linguado, criado e alimentado en catividade.
A catividade ten o seu propio cheiro, na maioría das veces, insoportable. A vostede gústalle o olor da
piscifactoría? E o cheiro do silo da herba verde? Non! Á maioría das persoas agrádanlles aqueles
olores que lles reproducen tempos pasados, da infancia, da casa ou da escola. Olores da vida e das
vivencias, das loucuras e do traballo, do esforzo e da razón. Aí está, presente de por vida, o olor das
persoas que amas, que vai, como o son da auga da fonte, no pensamento, nos recordos e na alma.
A auga, por clara que sexa, din que non ten olor, color nin sabor, pero á Tía Manuela gústalle
escoitala pasar e úlelle o seu rastro no regato. Esa auga da fonte fría, ”ten recendo e sabor a gloria”.
“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López
En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...



